No noso centro estamos moi concienciados do importante que é manter informado e sensibilizado ao alumnado sobre os perigos que trae consigo o consumo de drogas. Por este motivo apoiamos todas aquelas iniciativas que promoven os estilos de vida saudables. Entre as que se van a levar acabo este ano destacamos as seguintes:
PROGRAMA VIXÍA: NON PASA NADA, PASA ALGO?
É un programa impulsado pola Consellería de Sanidade que se encarga da prevención selectiva para evitar o desenvolvemento e consolidación de consumos problemáticos de drogas.Está dirixido a todo o alumnado da ESO, profesorado e nais e pais. Os contidos impartiránse por profesionais externos ao centro educativo a través de guías didácticas en:
- Catro sesións dunha hora lectiva co alumnado.
- Información sobre as drogas (alcohol, tabaco e cannabis).
- As verdades e mentiras sobre as drogas.
- As razóns de consumos.
- A toma de decisións e as presións ao consumo.
- Unha sesión de dúas horas co profesorado, nais e pais.
TEATRO SAÚDE 2016 "E AGORA QUE FACEMOS?"
O Concello de Ourense xunto ca compañía teatral La Rueda Teatro Social, levan a cabo a obra teatral "E agora que facemos?" ca cal tratan de concienciar aos espectadores sobre as repercusións que teñen as malas compañías nos hábitos de vida saudables. A súa sinopse é a seguinte:
Dous adolescentes, Mario e Edu, ven como os seus hábitos e afeccións comezan a cambiar ao coñeceren a Eva. Comezarán a abandonar as súas antigas actividades de lecer para penetrarse nun mundo novo: o botellón, as primeiras drogas, a necesidade de gustar ás mozas , a moda, o uso das novas tecnoloxías... Os cambios afectarán á súa amizade, ás relacións familiares e á marcha dos seus estudos.
Os nosos nenos de 3º da ESO acudirán ao Auditorio Municipal de Ourense o 31 de Marzo ás 12:00 horas para poder desfrutar desta peza.